Novo álbum infantil ilustrado… de medo!

As ánimas do Samaín é a nova entraga da colección “Cartafol de…”, a proposta para o público máis pequeno de Boadicea Editora. Desta volta tres curmáns celebran o Samaín, desenvolvendo todas as actividades tradicionais do día de defuntos na Galiza: tallar calacús, deixar comida para cando aparezan as ánimas á noite, facer colares de zonchos e visitar o cemiterio. Adaptado para crianzas de 3 a 6 anos, o álbum está ilustrado por Iago Torres e os textos son de Alba Rozas e José Manuel Dopazo. Como sempre, alén da versión en galego, conta con tradución ao portugués, a cargo de Élia Pereira, e ao inglés, a cargo de Jorge Rodríguez. Non o perdades!

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *