Novo álbum infantil ilustrado, desta volta sobre as constelacións

A colección infantil Cartafol de ciencia ficción engade un novo título con Asunción e as constelacións. A estación espacial Asunción dá voltas arredor da Terra para observar as constelacións. Na súa viaxe descubrirá Casiopea, Orión, Tauro, Cefeo, Escorpión… e moitas outras das constelacións que podemos observar no ceo nocturno do hemisferio norte. Unha oportunidade ideal para introducir ás máis pequenas na observación astronómica dunha maneira entretida e didáctica. O texto é de Alba Rozas e José Manuel Dopazo e as ilustracións de Iago Torres. Xa á venda nas mellores librarías e na nosa web!

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *