O androide Simón, novo título da nosa colección infantil

O androide Simón vive no afastado mundo xelado do planetoide Plutón. Os seus circuítos comezan a renxer por causa do frío, polo que nas súas vacacións decide apañar a súa nave espacial e ir na procura de mundos máis cálidos. Visita Neptuno, Urano, Saturno… e o resto de planetas e grandes lúas do sistema Solar. Queres saber cal escolheu para tomar o Sol? Xa está á venda na nosa web e nas librarías o novo álbum ilustrado da colección Cartafol de Ciencia Ficción, para crianzas de 3 a 6 anos. Como sempre, a autoría é de Alba Rozas e José Manuel Dopazo, as ilustracións de Iago Torres e o texto conta con tradución ao portugués e ao inglés. Non o perdas!

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *