Mediante esta política de privacidade BOADICEA EDITORA desexa informar o usuario de como recolle, trata e comparte os datos que vostede nos facilita ao completar e enviar os formularios desta páxina web, ao enviar un correo electrónico a calquera das direccións referidas nela ou ao nos enviar datos de carácter persoal a través de calquera outra canle mencionada nesta política.

BOADICEA EDITORA tratará os datos de carácter persoal de conformidade co estabelecido no Regulamento (UE) Xeral de Protección de Datos (RGPD) e a súa adaptación á normativa estatal mediante a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos e de garantía dos Dereitos Dixitais (LOPD).

Esta política aplica por defecto a aqueles casos nos que non se estabeleza expresamente algo distinto nunha cláusula informativa dunha sección, apartado da páxina web ou cláusula informativa independente que lle poidamos facilitar antes de realizar un tratamento dos seus datos persoais.

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

Boadicea Editora

G09955667

R/Penatoares, nº6, 3ºA, Lalín, Pontevedra, C. P.: 36500

info@boadiceaeditora.gal

Confidencialidade, seguridade e calidade no tratamento de datos

Vostede garante que os datos que nos facilite son verdadeiros, exactos, completos e que están actualizados conforme a situación real e responderá por calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidera derivar da falsidade, inexactitude, incompletitude ou falta de actualización da información que nos facilitase.

Os datos que recollamos serán tratados coa máxima reserva e confidencialidade. Implementamos todas as medidas de seguridade técnicas e organizativas ao seu alcance para asegurar a confidencialidade, integridade e dispoñibilidade dos datos persoais.

Con que finalidade e base de lexitimación tratamos os seus datos persoais?

En BOADICEA EDITORA tratamos a información que nos facilitan as persoas interesadas co fin de poder xestionar as súas solicitudes. Só poderán prestar o seu consentimento persoas maiores de 16 anos.

As diferentes finalidades coas que poderemos tratar os seus datos son:

Subscrición a novidades

En caso de se subscribir para recibir as nosas novidades editoriais, ou para se informar dos nosos produtos, servizos, novidades, sorteos, concursos e eventos.

A base de lexitimación será o seu consentimento ao se rexistrar para recibir servizos ou comunicacións.

Formularios e outras canles de contacto

Se a persoa interesada desexa contactar connosco a través de calquera dos formularios ou a través do resto de canles de contacto habilitados nesta páxina web, trataremos os seus datos para poder procesar e responder as súas preguntas ou solicitudes.

A base de lexitimación será o seu consentimento ao nos remitir a súa consulta ou comentario e mais o noso interese lexítimo para lle dar resposta.

Envío de manuscritos

Os datos que se nos faciliten a través da sección ‘Queres publicar connosco?’ serán tratados coa finalidade de xestionar a túa solicitude, valorar a documentación enviada e contactar coa persoa interesada con relación á mesma.

A base de lexitimación será a execución de medidas precontractuais.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o prazo legalmente estabelecido ou até que a persoa interesada solicite a súa supresión, revoque o seu consentimento ou solicite a baixa do servizo subscrito. No momento en que a persoa interesada exercite o seu dereito de supresión, revoque o seu consentimento ou solicite a baixa do servizo subscrito, os seus datos persoais pasarán a se conservar bloqueados polo prazo legalmente estabelecido até a súa efectiva eliminación e de acordo co estabelecido na normativa aplicábel.

Para revocar o seu consentimento pode presentar a súa solicitude á conta de correo: info@boadiceaeditora.gal

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

A normativa en vigor outórgalle ao titular dos datos o dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos. No caso de que o consideremos necesario, poderémoslle solicitar unha copia do seu DNI ou documento equivalente acreditativo da súa identidade para poder executar a súa solicitude de exercicio de dereitos.

Adicionalmente, podes consultar máis información sobre o exercicio dos teus dereitos ou presentar unha reclamación, ante a Axencia Española de Protección de Datos en www.aepd.es.

O exercicio destes dereitos é gratuíto.

Con quen compartimos os seus datos?

Os seus datos non serán comunicados, cedidos, vendidos, alugados nin postos a disposición de terceiros, agás dos nosos provedores de servizos, que poderán tratar os seus datos baixo as nosas instrucións para xestionar servizos que teñamos contratados.

Como garantimos a seguridade dos seus datos?

Adoptamos as medidas necesarias para evitar a súa alteración, tratamento ou acceso non autorizado, tendo en conta en todo momento o estado da tecnoloxía.

Enlaces a sitios web de terceiros

O Sitio Web pode incluír hipervínculos ou enlaces que permiten acceder a páxinas web de terceiros distintos de BOADICEA EDITORA, e que, polo tanto, non son operados por BOADICEA EDITORA. Os titulares destes sitios web disporán das súas propias políticas de protección de datos, sendo eles mesmos, en cada caso, responsábeis dos seus propios ficheiros e das súas propias prácticas de privacidade.