Presentación en Sada

Onte estivemos na Casa da cultura de Sada presentando Boadicea editora na marabillosa compaña da asociación cultural Irmáns Suárez Picallo. Presentounos a nosa querida Vanesa Santiago, autora de “As probas do mago” na nosa colección de literatura xuvenil, sadense e socia da Suárez Picallo. Foi un verdadeiro pracer poder compartir o noso proxecto e as nosas novidades con todas as asistentes e falar convosco de literatura fantástica, de ciencia ficción e de terror. Obrigadas a Vanesa e a todas as asistentes, e especialmente á asociación Suárez Picallo. Recomendámosvos que esteades pendentes das súas actividades en areal.gal. Vémonos pronto!

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *