Este pasado venres 16 presentamos a nosa editorial na Libraría Cartabón de Vigo. Falamos sobre Ubik, O biosbardo e os paxaros sen cor, a obra que inaugura a nosa colección infantil “Cartafol de fantasía”, e a nosa colección xuvenil “A miña primeira novela de…”. Tamén coñecimos aos compañeiros e compañeiras de Edicións Malafera, un proxecto editorial que vos recomendamos! Moitas grazas á xente da Libraría Cartabón pola acollida e o seu trato. Vémonos pronto. Continuade atentas á nosa web e redes sociais!
Comentarios (0)