Esta semana dobre presentación! Ademais de estar na Coruña o xoves, estaremos en Pontevedra o sábado 14 de xaneiro ás 12:30 presentando Boadicea Editora, desta volta na Libraría Paz. Alba Rozas e José Manuel Dopazo falarán de Ubik, o clásico de ciencia ficción de Philip K. Dick, e de O biosbardo e os paxaros sen cor, o primeiro libro da nosa colección infantil “Cartafol de fantasía”. O acto estará presentado por Carlos Pereiro da Revista Morcego. Agardamos vervos alí!
Comentarios (0)