Próxima presentación en Vigo

O vindeiro venres 16 de decembro estaremos na Libraría Cartabón de Vigo presentando Boadicea Editora. Contaremos con Alba Rozas e José Manuel Dopazo, que nos falarán sobre Ubik, o clásico de ciencia ficción de Philip K. Dick, recentemente editado por Boadicea. Será a primeira presentación na que poderemos contar con exemplares de O biosbardo e os paxaros sen cor, o libro da colección infantil “Cartafol de fantasía”, acabado de saír do prelo. E non esquecemos os seis volumes de “A miña primeira novela de…” para o público xuvenil, coa que naceu a editora. Esperámosvos!

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *