Sae do prelo Gastrulación, de Pablo Pesado

Con Bergson e Lovecraft como referencias, Gastrulación parte dos inicios da bioloxía no século XIX para describir o nacemento dunha deidade que mudará a historia do planeta. Sobre as cinsas das vellas cosmovisións humanas surxirán entón unha igrexa, unha teoloxía e unha guerra.

Gastrulación é a novela de ciencia ficción experimental do escritor ferrolano Pablo Pesado coa que se estrea en Boadicea Editora. Trátase da obra que inaugura o apartado de creación de autoras galegas na nosa categoría de literatura para adultas. Desde hoxe está dispoñíbel na nosa web e a partir da semana que vén nas librarías. Bo verán e boas lecturas!

Comentario (1)


Asuncion

É i libro máis extraordinario que leín hasta agora en galego (perdón por os error pero eu son asturiana. Encantóume!!?!
Encantaríaame unha traducción 🙏

Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *