Sae do prelo Lapislázuli. O regreso das superguerreiras

Unha praga centenaria de robots asasinos ameaza con destruír a Terra. Frente a eles, cinco mozas con superpoderes son as únicas que poden evitalo. Lograrano? Cal será o prezo a pagar? O amor? A amizade?

Alba Rozas volta cunha novela de fantasia, desta volta para adultas. A cabalo entre o new weird, a fantasía épica e o sentai, achéganos un mundo gobernado por feiticeiros caciques, onde operan ao mesmo nivel a maxia e a tecnoloxía. Podes atopala desde hoxe na nosa páxina web e nas librarías do país.

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *