Quen somos?

Boadicea Editora xorde en 2022 para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo. A nosa liña editorial entronca coas tradicións europea, asiática e anglosaxona destes xéneros.

Achegamos tanto creación propia, dando voz a autoras e autores de Galiza, como a tradución de autoras e autores clásicos e actuais, coidando en todo momento a calidade das publicacións.

As nosas obras van destinadas a todo o público lector: infantil (de 3 a 11 anos), xuvenil (a partir de 12 anos) e adulto (a partir de 16 anos). Ademais, contamos con tres coleccións especializadas para as diferentes etapas de aprendizaxe:

Cartafol de fantasía, de ciencia ficción e de medo (álbums ilustrados para a cativada de 3 a 6 anos)

A carrilana dos soños (novelas ilustradas para a cativada de 6 a 7 anos, de 8 a 10 anos e de 11 a 12 anos)

A miña primeira novela de… (novelas ilustradas e especializadas en diferentes temáticas de fantasía, ciencia ficción, terror ou aventuras para introducir o público adolescente, de 12 a 15 anos, nos diferentes xéneros)

As persoas fundadoras somos filólogas, doutoras e investigadoras en lingua e literatura, docentes do ensino secundario e universitario. Temos un longo percorrido na edición e corrección de textos, nomeadamente no ámbito da fantasía, da ciencia ficción e do terror.

O noso decálogo de bo facer editorial: