-
Asunción e as constelacións
12,00 €A estación espacial Asunción dá voltas arredor da Terra para observar as constelacións. Na súa viaxe irá percorrendo o hemisferio norte para descubrir animais, cazadores, dragóns e mesmo unha parella de namorados. Queres saber como son as constelacións? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.
-
O androide Simón
12,00 €O androide Simón ten a súa casa no planeta anano Plutón, pero quere viaxar a outros lugares para pasar uns días de vacacións. Por iso irá percorrendo os diferentes planetas do sistema solar e tamén as súas lúas e aneis na procura daquel que máis lle guste. Queres saber como son os planetas e onde decidiu quedar o androide? Mergúllate nesta aventura chea de sorpresas.


