Trickstar no club de lectura 7 vidas de Gondomar
Comezamos o ano cunha charla de Manuel Esteban no club de lectura 7 vidas de Gondomar. A tarde decorreu cunha presentación do autor, seguida dun intenso debate sobre Trickstar e o labor de Boadicea á hora de dar espazo no mercado á literatura de ciencia ficción. A acollida desta obra por parte do público foi enriquecedora pois, malia non ser o tipo de lecturas que habitúan facer, Trickstar soubo conmover e remexer os lectores a partes iguais.

Comentarios (0)