Ubik, o clásico da ciencia ficción, xa en galego
Boadicea Editora publica Ubik, o clásico da ciencia ficción de Philip K. Dick. Trátase dunha das súas tres novelas con maior repercusión, xunto con The Man in the High Castle (1962) e Do Androids Dream of Electric Sheep? (1968).
Desde hoxe xa dispoñible na web de boadiceaeditora.gal e en breves nas librarías de todo o país.
Sinopse: Joe Chip viaxa cun grupo de antipsíquicos a Luna co fin de solucionar os problemas que sofre a empresa do seu xefe, Glen Runciter, pero caen nunha trampa mortal trazada por telépatas infiltrados. Ao seu retorno á Terra, no funeral de Runciter, o grupo decátase de que a realidade vai cara a atrás e atopa mensaxes do defunto en lugares insospeitados. Cando os seus compañeiros e compañeiras comezan a morrer, Joe Chip dá en se cuestionar o que hai detrás: será a obra dunha nova axente con estraños poderes?, ou tratarase dun inexplicábel engano?, talvez sexan eles os mortos? A única resposta ten que ver cun estraño produto coñecido como Ubik.
Comentarios (0)