A novela Un feiticeiro de Terramar, de Ursula K. Le Guin, editada por Boadicea e traducida por Tomás G. Ahola, vén de gañar a XX edición do premio Frei Martín Sarmiento na categoría de tradución. Este premio fainos especial ilusión, pois é o alumnado o que o determina votando entre todas as lecturas do seu ano escolar. A cerimonia de entrega de premios tivo lugar hoxe no Museo Pedagóxico de Galicia e xa o temos gardado entre os nosos bens máis prezados. Queremos agradecerllo ás organizadoras, ás compañeiras do resto de editoras premiadas e nominadas e, sobre todo, á rapazada que achou esta obra de Ursula K. Le Guin tan apaixonante como o é para nós.
Comentarios (0)