Xa á venda O tesouro do caranguexo

Hoxe saíu do prelo “O tesouro do caranguexo”, o segundo volume da colección infantil “Cartafol de fantasía” para crianzas de entre 3 e 6 anos. O caranguexo da pinza de ouro é o dono dun grande tesouro feito de cunchas do fondo do mar. Para completalo falará coa vieira, o berberecho, o longueirón, a ostra, a zamburiña e o mexillón. A aventura perfecta para que os nosos nenos e nenas coñezan e desfruten cos bivalvos das nosas rías. Como o primeiro volume da colección, trátase dun libro plurilíngüe en galego, portugués e inglés, con texto de Alba Rozas e José Manuel Dopazo e ilustracións de Iago Torres. Desde hoxe xa está á venda na nosa web e en breve nas librarías de todo o país.

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *