Para tramitar un pedido na tenda on line https://www.boadiceaeditora.gal será imprescindíbel a aceptación dos seguintes termos e condicións:

 

1. IDENTIFICACIÓN

As Condicións Xerais de Contratación recollidas no presente documento son de aplicación a todas as transaccións comerciais que se realicen a través da páxina web https://www.boadiceaeditora.gal, que ten como titular a Asociación Boadicea Editora, con CIF G09955667 e con domicilio en R/Penatoares 6, 3º A, Lalín, Pontevedra, C.P. 36500.
O e-mail de contacto é info@boadiceaeditora.gal

2. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Os dereitos relativos á propiedade industrial e intelectual (a título enunciativo e non limitativo: marcas, logotipos, textos, fotografías, iconas, imaxes, así como o deseño gráfico, código fonte e demais elementos de software contidos na páxina web https://www.boadiceaeditora.gal) son propiedade de Boadicea Editora. Polo tanto, están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial, protexidos pola lexislación española e internacional.
Sen a previa autorización escrita de forma fidedigna de Boadicea Editora ou, no seu caso, da representante ou da fabricante do produto titular dos dereitos, non está permitido utilizar, reproducir, transmitir, manipular, así como calquera uso que exceda dunha utilización normal e necesaria para a visita da páxina e o uso dos servizos ofrecidos.

O acceso aos produtos subministrados non supón por parte de Boadicea Editora renuncia, transmisión nin cesión total ou parcial dos dereitos derivados da propiedade intelectual ou industrial, nin atribúe dereitos de utilización, alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública sobre estes contidos sen a previa e expresa autorización por escrito das respectivas titulares destes dereitos, sen prexuízo do dereito de visualización e obtención de copia privada de seguridade de tales contidos, sempre que este dereito se exercite segundo os principios de boa fe e sempre que se manteña inalterada a propiedade intelectual e industrial do titular de tales dereitos, se utilice sen fins comerciais e exclusivamente para información persoal do usuario.

A responsabilidade derivada do uso de materiais protexidos polos dereitos de propiedade intelectual e industrial contidos nesta páxina corresponderalle exclusivamente á persoa usuaria.

3. OBXECTO E ACTIVIDADE

Boadicea Editora mediante o seu sitio web https://www.boadiceaeditora.gal dedícase á venda e promoción de libros.

4. ACTUALIZACIÓN DO SITIO WEB REFERIDA A CONTRATACIÓN

Boadicea Editora resérvase o dereito a realizar modificacións e actualizacións sobre os produtos, prezos, promocións e demais condicións contidas en https://www.boadiceaeditora.gal.

Boadicea Editora, dentro dos seus medios, procura que a información ofrecida no sitio web sexa veraz e apareza sen erros tipográficos. No caso de que se produza algún erro de tipografía, alleo á vontade de Boadicea Editora, procederase á súa inmediata corrección. Se sucedese que algunha cliente decidise realizar algunha compra baseándose nun erro deste tipo, Boadicea Editora informará de forma inmediata do erro, podendo ambas as dúas partes rescindir a compra sen custe ningún sempre que se xustifique a existencia do erro.

5. IDIOMA, DURACIÓN DE CONTRATO E IDADE MÍNIMA DE CONTRATACIÓN

Con independencia das traducións posíbeis do apartado das presentes condicións xerais de venda, o idioma oficial do contrato será sempre a versión en galego.

Como duración de contrato enténdese todas as fases entre a solicitude do pedido inicial até a entrega efectiva dos libros solicitados por parte de Boadicea Editora e o abono total do prezo acordado por parte da clienta.
Segundo o art. 1263 do Código Civil, os menores de idade non emancipados e as persoas incapacitadas non poden celebrar contratos de compravenda a distancia sen o consentimento expreso dos seus pais, nais, titores ou titoras legais.
Mediante a aceptación das presentes condicións xerais de venda a clienta manifesta ser maior de idade (cando menos 18 anos) e ter a capacidade legal para adquirir os servizos e/ou produtos ofrecidos a través de https://www.boadiceaeditora.gal e que comprende e entende as condicións xerais na súa totalidade.

6. GARANTÍA LEGAL E SERVIZO POST VENDA

Na súa calidade de consumidora, a clienta da nosa tenda on line ten, aparte dos dereitos aquí descritos, todos os dereitos legais en virtude da lexislación española e europea referente á venda de bens e servizos de consumo. Informamos que estes dereitos legais non se poden ver nunca afectados polas presentes ‘Condicións xerais de venda’.

7. PRECISIÓN DE DESCRICIÓN DOS PRODUTOS

Aínda que é compromiso noso optimizar a precisión de calquera información a respecto das características, calidades, imaxes etc. dos nosos artigos publicados nesta tenda on line, a nosa asociación non garante expresamente a total precisión, fiabilidade ou exhaustividade desta información que algunhas veces se podería ver alterada por diferenzas nas configuracións dos distintos tipos de navegadores utilizados para acceder á nosa tenda on line.

En calquera caso que a clienta considere que o produto comprado non corresponde exactamente co artigo demostrado no catálogo da nosa tenda on line poderao devolver segundo os prazos e a forma aquí descritos (ver apartado ‘Devolucións e cancelacións’) sen que poida reclamar calquera outra cousa en concepto de danos ou prexuízos.

Prezo e aplicación de promocións:
O prezo de cada produto será o indicado na data de realización da compra, estando nel incluído o IVE.
Os prezos e promocións que se indican neste portal son válidos unicamente para pedidos realizados a través del, podendo diferir en ocasións dos prezos e promocións aplicábeis noutros establecementos.
Boadicea Editora poderá realizar, en calquera momento e sen previo aviso, as modificacións oportunas nos prezos, promocións e outras condicións comerciais. En todo caso, sempre rexerá para a persoa usuaria o prezo e condicións que veñan determinados no momento de realizar a súa compra.

8. COMO COMPRAR
A través da consulta da nosa páxina web pódese informar dos nosos produtos accedendo á nosa tenda on line mediante o menú inicial Libros que se atopa na portada. Tamén pode seleccionar directamente un libro accedendo á súa ficha na portada do sitio.
Unha vez dentro da ficha de cada libro pódese informar do seu prezo, das súas calidades e características. Tamén vai atopar unha pequena sinopse sobre o seu contido.
Para seleccionar o produto desexado debe escoller a opción ‘Engadir ao carriño’. A continuación, pode seguir comprando máis libros ao se dirixir a ‘O teu carriño’ para tramitar o pedido.
Unha vez finalizada a selección, no seguinte paso de ‘Checkout’, pode revisar o estado da súa cesta (produto seleccionado, unidades desexadas, prezo unitario impostos incluídos, subtotal e total de compras).
Ao final desta fase vai atopar o subtotal do pedido, os gastos de envío e o total, impostos incluídos.
Cando considere finalizado o proceso de selección, continúe ao seguinte paso ‘Proceder ao pago’, completando os campos obrigatorios marcados.
Na última fase de ‘E Commerce’ a clienta pode revisar todos os seus datos identificativos e de envío, a dirección de facturación, a forma de envío e o método de pago como tamén o detalle da súa compra. Para un procedemento apropiado de compra débese validar que coñece e acepta as ‘Condicións Xerais de Venda’ e a continuación seleccionar a opción ‘Realizar o pedido’.
Remitiráselle aviso de confirmación do pedido e enviaráselle un e-mail co resumo da súa compra.

9. FORMAS DE PAGO
Admítese o pago con tarxeta de crédito.

10. ENVÍOS E ENTREGA
Boadicea Editora obrígase a entregar os produtos comprados pola persoa usuaria, na dirección sinalada por ela, a tal efecto, no formulario de pedido. No caso de omisión ou erro ao cumprimentar estes datos, Boadicea Editora non se fai responsábel dos inconvenientes causados, e os gastos de reexpedición derivados correrán por conta da persoa usuaria.
Boadicea Editora realiza envíos para todo o territorio do Estado. No caso de envíos ao estranxeiro, a persoa usuaria pode poñerse en contacto con BOADICEA EDITORA a través funcionalidade ‘Contacta connosco’ para avaliar un método de envío idóneo. Os prazos de envío dependerán da empresa encargada e orientativamente estarán entre os 2 e 7 días laborables. No caso de que o envío exceda o prazo de entrega, pode poñerse en contacto con Boadicea Editora en info@boadiceaeditora.gal, onde se lle informará sobre as incidencias atopadas e a data de entrega estimada.
Se a empresa de mensaxería non puidese realizar a entrega por non atopar a persoa que reciba o envío no destino indicado, a propia empresa de mensaxería proporcionará instrucións á persoa usuaria.
No momento da recepción, a persoa usuaria deberá comprobar que o pedido coincide en cantidade e tipoloxía de produto co solicitado. De existir algunha discrepancia, o usuario deberá seguir as indicacións do apartado 11 das presentes condicións.

11. DEVOLUCIÓNS E CANCELACIÓNS

Dereito de desistencia.
Se por algún motivo non queda satisfeito co seu pedido, ten un prazo de 15 días naturais, a contar desde a data de entrega do produto, para o devolver (segundo o art. 44 da Lei 7/1966, do 15 de xaneiro de Ordenación do Comercio Retallista modificada pola Lei 47/2002, do 19 de decembro). Para que poida exercer o seu dereito de desistencia da compra, todos os produtos devoltos deben estar en perfectas condicións e coa súa embalaxe inicial.
Informamos a persoa usuaria que, no caso de que exerza o seu dereito de desistencia, os gastos de envío de devolución correrán ao seu cargo.
Pode solicitar información adicional dirixíndose ao noso servizo de atención ao cliente mediante o seguinte e-mail: info@boadiceaeditora.gal

Reembolso
Para compras a distancia o prazo de reembolso é de 14 días naturais a partir da comunicación de desistencia, aínda que este non se efectuará senón unha vez recibidos os artigos e comprobado que a persoa usuaria non realizou unha manipulación distinta da necesaria para estabelecer a natureza, características e funcionamento dos artigos.
O reembolso na tarxeta bancaria da cliente realizarase no menor tempo posíbel a partir da recepción e aprobación da solicitude de desistencia por parte de Boadicea Editora.

Cancelación de compras
A persoa usuaria pode cancelar o proceso de compra sempre e cando este non fora procesado na súa totalidade. Co fin de asegurar por parte do cliente esta cancelación, é aconsellábel poñerse inmediatamente en contacto con Boadicea Editora, dirixíndose ao seguinte e-mail: info@boadiceaeditora.gal

12. LEXISLACIÓN APLICÁBEL
As transaccións comerciais realizadas con https://www.boadiceaeditora.gal están sometidas á lexislación española.
Leis de aplicación á materia:
Lei 3/2014, do 27 de marzo, pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa das Consumidoras e Usuarias e outras leis complementarias, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro.
Regulamento (UE) nº 524/2013 do Parlamento e o Consello, do 21 de maio de 2013.
Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa das Consumidoras e Usuarias e outras leis complementarias.
Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico e Lei 32/2003, do 3 de novembro, Xeral de Telecomunicacións.
Lei 7/96, do 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio Retallista (L.O. 2/1966, do 15 de xaneiro, Complementaria da Ordenación do Comercio Retallista, Ley 47/2002, do 19 de decembro, de reforma da Lei 7/1996 e Lei 1/2010, do 1 de marzo de reforma da Lei 7/1996).
Lei 7/1998 sobre Condicións Xerais da contratación.
Cantas disposicións legais resulten de aplicación.
No caso de conflito ou desacordo na interpretación ou aplicación destas condicións xerais de contratación, os xulgados ou tribunais que coñezan o asunto serán os que dispoña a normativa aplicábel en materia de xurisdición.
No caso de que o comprador teña o seu domicilio fóra de España, ambas as dúas partes se someterán aos xulgados e tribunais de Pontevedra.