Estivemos no Culturgal!

Estivemos no Culturgal!

Esta pasada fin de semana estivemos no noso primeiro Culturgal como editora. Voltamos moi satisfeitas da acollida que lle destes ao proxecto, foi un pracer estar a fin de semana entre a xente da cultura, aprendermos tanto e poder falar directamente convosco, os nosos lectores e lectoras. De hoxe nun ano!

Presentación en Compostela

Presentación en Compostela

O pasado sábado 19 de novembro presentamos Boadicea Editora na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Querémosvos agradecer a acollida e os azos que nos destes para esta nova etapa! Foi un pracer conversar convosco. Agradecémoslle tamén ao persoal da Libraría Couceiro o seu trato e boa disposición. Continúade atentas ás redes, que en breves […]

Presentación de Boadicea Editora

Presentación de Boadicea Editora

O vindeiro sábado 19 de novembro, ás 12:30 da mañá, presentaremos a nosa editora na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela. Non faltedes! Contaremos coa presenza das persoas integrantes do proxecto, autoras, tradutoras e ilustrador, e aproveitaremos para realizar o lanzamento de Ubik, a novela de Philip K. Dick coa que inauguramos a nosa colección […]

Nace Boadicea Editora

Nace Boadicea Editora

Nacemos para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego. Centrámomos nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros.