Estreamos liña de terror con Noite no cemiterio

Xa está á venda na nosa web o número 7 da colección “A miña primeira novela de…” para lectores e lectoras de entre 12 e 15 anos. Desta volta Carlos Vega achéganos Noite no cemiterio, a historia de Lolo e Quin, dous irmáns que van vivir á casa máis próxima ao camposanto de Vilatorcida. Alí coñecerán ao terrorífico conde Silas, que domina todas as ánimas do lugar coa axuda do seu fiel servente. Trátase dunha novela de pantasmas e, polo tanto, do título que inaugura a liña de terror na nosa editorial. En breves teremos noticias de novos títulos desta liña pero, mentres agardamos, quedamos na compaña desta terrorífica lectura. 

Comentarios (0)


Deixa unha resposta

O teu mail non será publicado. Required fields are marked *