• Os derradeiros días de Nova París

    1941. No caos da Marsella en guerra, o enxeñeiro e ocultista estadounidense Jack Parsons atopa un grupo clandestino antinazi, do que fai parte o teórico surrealista André Breton. Nos retorcidos xogos de diplomáticos disidentes, revolucionarios exiliados e artistas de vangarda, Parsons acha unha esperanza. Mais o que involuntariamente libera é o poder dos soños e os pesadelos, mudando a guerra e o mundo para sempre.

    1950. Thibaut, un solitario loitador surrealista, camiña por unha nova e alucinóxena Paris, onde os nazis e a Resistencia están atrapados nun conflito sen fin e nas rúas asexan imaxes e textos que cobraron vida -e tamén forzas do Inferno. Para fuxir da cidade, Thibaut debe unirse a Sam, unha fotógrafa estadounidense, e faceren causa común cunha poderosa e enigmática figura: o cadáver exquisito.

    China Miéville (Londres, 1972) é un dos autores máis afamados da fantasía actual debido á súa capacidade para redefinir os límites do xénero e afondar no new weird, que borra a difusa liña entre a fantasía e a ciencia ficción, entre a cultura pop e a arte culta. A súa traxectoria foi recoñecida con prestixiosos premios como o Hugo e o World Fantasy Award ou o Arthur C. Clark que recibiu até en tres ocasións.

    19,00 
  • Ubik

    Joe Chip viaxa cun grupo de antipsíquicos a Luna co fin de solucionar os problemas que sofre a empresa do seu xefe, Glen Runciter, pero caen nunha trampa mortal trazada por telépatas infiltrados. Ao seu retorno á Terra, no funeral de Runciter, o grupo decátase de que a realidade vai cara a atrás e atopa mensaxes do defunto en lugares insospeitados. Cando os seus compañeiros e compañeiras comezan a morrer, Joe Chip dá en se cuestionar o que hai detrás: será a obra dunha nova axente con estraños poderes?, ou tratarase dun inexplicábel engano?, talvez sexan eles os mortos? A única resposta ten que ver cun estraño produto coñecido como Ubik.

    18,00