• A costa máis afastada

    A escuridade ameaza con se apoderar de Terramar. Mentres o mundo e os seus magos están a perder a maxia, Ged, o poderoso Arquimago, feiticeiro e Señor de Dragóns, embárcase nunha viaxe cun mozo príncipe chamado Arren. Ambos os dous viaxan alén do reino da morte para descubrir a causa destas malvadas perturbacións e restaurar a maxia nunha terra que está desesperadamente necesitada dela.

    16,00 
  • As Tumbas de Atuan

    Tenar é elixida Suma Sacerdotisa dos antigos e innomeábeis poderes de Terramar, razón pola cal debe renunciar á súa familia, ao fogar e mesmo ao seu verdadeiro nome. Coñecida agora como Arha, a Devorada, debe gardar as sombrías e labirínticas Tumbas de Atuan.
    Entón, o feiticeiro Ged internarase nelas para roubar o seu maior tesouro, a metade perdida do anel de Erreth-Akbe. O deber de Arha é protexer o anel. Pero Ged posúe a luz da maxia e as historias dun mundo que a moza nunca coñeceu.

    16,00 
  • Lapislázuli. O regreso das superguerreiras

    Nun mundo escindido entre a maxia e a tecnoloxía, feiticeiras e feiticeiros caciques gobernan co pretexto de salvagardar a xente do común dunha praga centenaria de robots asasinos. Non obstante, só as depositarias das pedras de poder, cinco feiticeiras convertidas en superguerreiras, demostraron ser capaces de erradicar semellante ameaza. Malia que desapareceron sete anos atrás do fragor da batalla, deixando escapar o inimigo, será certo que agora están de volta? Conservarán os seus poderes? Sufrirán as represalias do seu gremio? Arrasarán por fin cos robots? Cal será o prezo a pagar esta vez? O amor? A amizade? E o máis desconcertante de todo: que fai un robot disfrazado de vaqueiro?

    Lapislázuli. O regreso das superguerreiras camiña entre os eidos do new weird de China Miéville, da fantasía épica de Robert E. Howard, Emily Rodda ou Andrezj Sapkowski e, sobre todo, do sentai de Akira Toriyama e do mahō shōjo de Naoko Takeuchi.

    18,00 
  • Un feiticeiro de Terramar

    O mundo de Terramar réxese por un principio fundamental: o equilibrio entre a vida e a morte. A maxia é un elemento indispensábel, como descubrirá Ged ao ingresar na escola de feiticeiros para aprender as súas regras. Testán e inxenuo, o mozo libera unha terríbel criatura da sombra. Para recuperar o equilibrio, deberase enfrontar a ela e destruíla. A súa misión conducirao ao recuncho máis afastado de Terramar, unha bisbarra de temíbeis dragóns, magos envexosos, escuridade e luz, onde atopará o seu destino.

    16,00