A tumba do último pirata

Escrito porÁlex Bayorti

14,00 

Cando a tía Aixa chega á casa dos seus sobriños, ningún deles pode sospeitar que exista un xeito de vivir unha historia de aventuras máis alá da videoconsola. Pero a tía ensínalles os xogos de rol, onde só precisan a súa imaxinación, que os levará ao século XVIII. Alí, en plena época dourada da pirataría, acompañarán a Tru’an, Kack’tar, Mario, Antonio e Botas nunha aventura digna do máis temíbel dos piratas.

Nesta colección búscase achegar, ao público adolescente, diferentes xéneros narrativos, con todos os tópicos propios e adaptados tanto á súa idade como á realidade na que vivimos.

Con estas lecturas poténcianse valores esenciais como a amizade, a ecoloxía, o coñecemento das lendas e tradicións propias, así como o feminismo e o respecto a linguas e colectivos minorizados.

ISBN: 978-84-125812-6-3
Categoría:
Dimensións 14,5 × 20,5 cm
Temática

Autoría

Tipo

Ilustracións

Iago Torres

Colección

A miña primeira novela de…

Número da colección

5

Idade

A partir de 12 anos

Ano de publicación

2022

Formato

Tapa branda

Páxinas

125