| Dimensións | 15,3 × 23,0 cm |
|---|---|
| Temática | |
| Autoría | |
| Tipo | |
| Idade | A partir de 16 anos |
| Ano de publicación | 2024 |
| Formato | Tapa branda |
| Páxinas | 147 |
| Ilustración da capa | Iago Torres |
Niño maldito
17,00 €
Niño maldito é unha antoloxía de catro relatos xurdidos das tebras, dese arrepiante e húmido lugar que é o inferno da mente. Nestas páxinas non atoparás consolo ningún, só desamparo e nociva soidade. Vampiros, monstros xurdidos das profundidades do mar, diaños e pantasmas amosan a condición humana desde as vísceras, a agochada turbiedade que a todos nós nos habita e que, o día menos pensado, nos rebenta na gorxa e nos abre as portas da loucura.
Libros relacionados
-
As Tumbas de Atuan
16,00 €Tenar é elixida Suma Sacerdotisa dos antigos e innomeábeis poderes de Terramar, razón pola cal debe renunciar á súa familia, ao fogar e mesmo ao seu verdadeiro nome. Coñecida agora como Arha, a Devorada, debe gardar as sombrías e labirínticas Tumbas de Atuan.
Entón, o feiticeiro Ged internarase nelas para roubar o seu maior tesouro, a metade perdida do anel de Erreth-Akbe. O deber de Arha é protexer o anel. Pero Ged posúe a luz da maxia e as historias dun mundo que a moza nunca coñeceu. -
Tehanu
16,00 €Anos atrás, escaparon xuntos das sinistras Tumbas de Atuan. Ela era unha moza sacerdotisa illada e el un poderoso mago. Agora Tenar é a viúva dun labrego, que escolleu para ela os simples praceres dunha vida normal. E Ged é un vello quebrado, que lamenta os poderes perdidos. Mais agora, o mundo está cambiando dunha forma misteriosa e deben unir forzas de novo para protexer dos seus perseguidores a Therru, unha meniña que coñeceu o horror e cun destino que aínda non foi revelado.
-
Gardas! Gardas!
19,00 €O idealista anano de case dous metros, Cenoria, entra na Garda da Noite da cidade de Ankh-Morpork, a máis grandiosa do Mundodisco, para arrestar ladróns asasinos coa Lei na man, algo nunca antes visto. Os tres veteranos que integran esta garda escangallada e sen sentido son o capitán Vimes, o sarxento Colon e o cabo Nobbs.
Xuntos terán que lidar cunha rutina que rompe pois, malia que se creu extinto durante moito tempo, un magnífico exemplar de draco nobilis («dragón nobre», para quen non entenda a cursiva) apareceu na cidade. Este perigoso visitante non só ten o desagradábel costume de calcinar todo ao seu paso, senón que, en pouco tempo, é coroado Rei (á fin e ao cabo, é un dragón nobre…). Como chegou alí? Poderá a Garda da Noite restaurar a orde dunha cidade sen lei? Maxia, caos e un dragón asexador… Quen podería pedir máis?
-
Donaira
18,00 €Un piloto con alma de conquistador, un médico de espírito romántico e un sociólogo curioso deciden emprender unha expedición despois de escoitar unha lenda sobre un país habitado só por mulleres.
Esta utopía de ciencia ficción feminista en forma de novela de aventuras sérvelle á autora para facer unha crítica á sociedade da súa época. Nela trátanse temas que seguen no foco na actualidade, entre eles o consentimento, os roles de xénero, a educación ou o vexetarianismo.
Esta obra foi publicada por capítulos entre 1915 e 1916 na revista The Forerunner. Agora ve a luz en galego por vez primeira.
-
Contos de Terramar
16,00 €Explora Terramar neste novo volume da saga a través de cinco historias que ocorren antes ou despois da época das novelas, e mais dun ensaio sobre as persoas, as linguas, a historia, a literatura e a maxia deste mundo fantástico.
O buscador, unha novela curta ambientada centos de anos antes d’Un feiticeiro de Terramar, revela como comezou a famosa escola de Roke. N’Os ósos da terra, o primeiro mestre de Ged demostra como a humildade, se é o suficientemente grande, pode controlar un terremoto. Ás veces, os feiticeiros buscan carreiras alternativas, como ocorre no conto de Rosaescura e Diamante. Volve á época en que Ged era Arquimago Na braña alta, unha historia sobre o amor polo poder e o poder do amor. E descubre en Libeliña como unha muller decidida pode romper o teito de cristal da maxia masculina tendendo unha ponte entre Tehanu e O outro vento.
-
Salem’s Lot
22,00 €Cando era un cativo, o afamado escritor Ben Mears entrou na casa dos Marsten e, o que viu daquela, aínda o mortifica. Por iso decidiu regresar a Salem’s Lot vinte anos máis tarde. Disque se trata dunha vila tranquila, na que nunca acontece nada… agás a antiga traxedia na casa dos Marsten, o can pendurado da cancela do cemiterio, os rapaces desaparecidos, os animais que morren desangrados e a arrepiante aparición deles, quen queira que sexan Eles…
-
A maldición de Hill House
18,00 €Publicada por primeira vez en 1959, A maldición de Hill House de Shirley Jackson foi aclamada como unha obra perfecta de terror. É a historia de catro persoas que chegan a unha mansión notoriamente hostil chamada Hill House. Trátase, por unha banda, do doutor Montague, un erudito do ocultismo que busca probas sólidas dun embruxo e, por outra banda, de tres persoas máis ás que recrutou para levar a cabo un experimento: a alegre Theodora, a fráxil Eleanor e o futuro herdeiro da casa, Luke. Nun primeiro momento, a súa estadía parece destinada a ser só un encontro arrepiante con fenómenos inexplicábeis. Pero Hill House está reunindo os seus poderes e pronto escollerá un deles para o facer seu.
Levada dúas veces ao cine e tamén á televisión en forma de serie, A maldición de Hill House é unha das novelas máis famosas de Shirley Jackson e unha das principais obras de terror do século XX. -
Lapislázuli. O regreso das superguerreiras
18,00 €Nun mundo escindido entre a maxia e a tecnoloxía, feiticeiras e feiticeiros caciques gobernan co pretexto de salvagardar a xente do común dunha praga centenaria de robots asasinos. Non obstante, só as depositarias das pedras de poder, cinco mozas convertidas en superguerreiras, demostraron ser capaces de erradicar semellante ameaza. Malia que desapareceron sete anos atrás do fragor da batalla, deixando escapar o inimigo, será certo que agora están de volta? Arrasarán por fin cos robots? E o máis desconcertante de todo: que fai un robot disfrazado de vaqueiro?
Lapislázuli. O regreso das superguerreiras camiña entre os eidos do new weird de China Miéville, da fantasía épica de Robert E. Howard, Emily Rodda ou Andrezj Sapkowski e, sobre todo, do sentai de Akira Toriyama e do mahō shōjo de Naoko Takeuchi.









